Continúa o “Ciclo de Conferencias de Outono” do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. A seguinte cita do programa será o venres 15 de novembro a partir das 19:30h. no Centro Cultural Marcos Varcárcel, na cidade de Ourense, cun relatorio de Marcos de la Rasilla Vives sobre “O grupo neandertal da Cueva del Sidrón. Asturias”.
A colección de restos fósiles da comunidade neandertal da cova de “El Sidrón”, en Asturias, está considerada a mellor de España e unha das maiores do mundo, con máis de 2.500 fósiles identificados. En palabras de Juan Luis Arsuaga, director do xacemento de Atapuerca, “o Sidrón é mina dos neandertais”, frase que fai súa o responsable desde hai 30 anos da escavación desta cova asturiana, Marco de la Rasilla.

O profesor de la Rasilla exporá todos os detalles de esta marabilla neandertal tan próxima a Galicia o próximo venres 15 ás 19:30 na Aula do 2º andar do Centro Cultural Marcos Valcárcel.