CulturaCulturaÚltima hora

II Xornadas de Prehistoria, Arqueoloxía e Historia nas terras de Monterrei, o 22 de novembro

Unhas 70 persoas asistirán a este encontro, que incluirá conferencias e visitas a xacementos

Vista dende a fortaleza de Monterrei./ Foto: A.R.

 

Máis de setenta persoas veñen de inscribirse nas II Xornadas de Prehistoria, Arqueoloxía e Historia nas terras de Monterrei, que se celebrarán o 22 de novembro no Hospital da Trinidade do Castelo de Monterrei. Participantes que chegarán dende diferentes puntos da provincia de Ourense e mesmo de outros lugares de Galicia, que asistirán a encontro cuxo programa de actividades contará con distintas sesións, tendo lugar no espazo do parador de turismo de Verín, lugar empregado pola grande afluencia que deixou pequeno o punto orixinal da sala do hospital da Trindade.

As sesións comezan pola maña con monografías con temática dende a idade do ferro ó seculo XX e os avances nos traballos arqueolóxicos nos procesos de rehabilitación da vila de Monterrei. A derradeira sesión matutina versará sobre o termo civil da vila de Monterrei extramuros.

 

 

Pola tarde haberá unha visita guiada aos traballos de rehabilitación na vila; continuando coa sesión complementaria sobre outros termos da comarca, como o xacemento de Lobarzán ou o de A Madanela. A sesión vespertina concluirá coa presentación de publicacións recentes sobre Monterrei con temática ó redor das marcas de canteiría na torre da homenaxe; a importancia casa de Monterrei no século XVII; a novela de Alberte Blanco Casal, A soidade do inquisidor, ambientada na vila e unha monografía sobre os diferentes traballos de investigación nas terras de Monterrei na derradeira década. Acompañando esta parte da xornada realizaráse unha cata de viños da Denominación de Orixe Monterrei.

Esta actividade formativa está organizada pola Universidade de Vigo e financiada pola Axencia de turismo de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Monterrei.

Back to top button