ConcellosÚltima hora

Os voluntarios de Carballeda agradecen a colaboración do valdeorrés Santi e de David na súa viaxe a terras valencianas

Neste domingo iniciaban a viaxe de volta, tras deixar a carga de dúas furgonetas cheas de axuda humanitaria

Santiago Termenón./ Foto cedida.

 

Xa están de camiño cara o municipio de Carballeda de Valdeorras as dúas furgonetas cargadas de axuda humanitaria que saían na madrugada do domingo con destino a varias localidades da Comunidade Valenciana afectadas pola DANA.

 

 

Tras repartir o material ao longo do sábado, agora os voluntarios valdeorreses están de viaxe de volta. E, nese regreso a casa, queren darlles as grazas a “Santiago Termenón. Santi, é natural de Portela do Trigal e reside nunha masía das zonas afectadas. Santi xunto cos seus veciños colabora na axuda aos damnificados. Onte puxo ao dispor a súa casa para que ceásemos xunto a voluntarios que viñeron de Guadalaxara. Preparou varias habitacións para que pernoitáramos, en total eramos doce. Grazas Santi polo teu humanismo e xenerosidade”.

 

David./ Foto cedida.

 

Así mesmo, os voluntarios de Carballeda de Valdeorras queren expresarn o seu agradecemento a David, “unha persoa da zona que desde que foi a catástrofe non perdeu nin un só día de estar cos afectados. Onte pasou todo o día connosco axudando no que fose necesario. Grazas Santi grazas David sodes un exemplo para seguir”.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button