Ao longo da xornda do 25 de novembro o Concello de Rubiá levaba a cabo diferentes actividades para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Pola mañá, os nenos e nenas do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá visitaban a Casa da Cultura. Alí o alumnado de 6° de primaria recitáballe ao resto de compañeiros e compañeiras un manifesto elaborado polos Servizos Sociais do Concello que levaba por título a “árbore dos desexos”.
Ao rematar o manifesto repartíronse bolas da árbore de Nadal e os nenos e nenas escribiron frases e palabras de apoio ás mulleres vítimas de violencia e tamén de repulsa contra a violencia e, por suposto, tamén desexos de rematar con todo tipo de actividade que fomente a violencia de xénero. Os máis cativos e cativas pintaron a súa man de cor violeta para despois plasmala na bola. Todos e todas os participantes deixaron colgada a súa bola na árbore que está na planta baixa da Casa da Cultura.

Xa pola tarde en horario de 18.30h. a 20.30h. levouse a cabo un obradoiro de elaboración de adornos florais de Nadal, impartido por flores Esnat e onde participaron 25 mulleres. Antes desta acción formativa procedíase á lectura dun manifesto onde frases coma “Debemos comprometernos en evitar calquera violencia verbal, psicológica ou física contra as mulleres da contorna”, “Non pecharemos os ollos ante os casos de violencia de xéneroen casa, na escolá ou na rúa”… Ao rematar tamén escribiron as súas mensaxes para logo colgalos na árbore.
Unha árbore adornada en tonos violeta que locía nese día apagado e escuro no calendario, unha árbore chea de desexos e esperanza en torno a cal xirou esta xornada que reunía a diferentes idades e sexos, a diferentes persoas pero todas co mesmo desexo: rematar coa violencia de xénero.
Fotos cedidas.
