DeportesÚltima hora

I Carreira Solidaria do San Silvestre, o 28 de decembro en Chantada

 

A Concellaría de Deportes do Concello de Chantada organiza esta carreira solidaria que ten como peculiaridade que as persoas participantes poden ir disfrazadas. As inscricións na probra realizaranse a través da web www.championchipnorte.com antes das 23:59h. do día 26 de decembro. A inscrición é gratuíta pero cabe a opción solidaria de colaborar coa asociación FURGONETA SOLIDARIA GUINEA BISSAU aportando voluntariamente no momento da inscrición a cantidade que considere cada participante. Furgoneta Solidaria a Guinea Bissau é un grupo de sanitarios de distintos hospitais de toda Galicia que viaxan en grupos a este país transportando o maior número de medicamentos posible.

Poderán participar da carreira atletas federados e non federados. A proba desenvolverase no casco urbano e contempla unha distancia de 5 km adultos e 1 km para menores de 12 anos. Os/as participantes nados entre 2012/2017 poderán facer a distancia de 5km acompañados por un adulto/a.

Esta cita deportiva e solidaria rematará cunha chocolatada e entrega de trofeos aos tres primeiros/as clasificados/as masculino e feminino na competición xeral. Para os mellores disfraces establéncense premios económicos a nivel individual ou por equipos (mínimo 5 integrantes):

               1º. Individual       60€         1º Equipo 200€
               2º Individual       50€         2º Equipo 120€
               3º Individual       30€         3º Equipo   40€

 

Todos participantes na carreira de 1000m recibirán medalla. A recollida de dorsais realizarase o día da proba na porta principal do Auditorio Municipal, situado na Praza de Galicia en horario de 17:00h a 18:00h. Precisamente a Praza de Galicia será o comezo das dúas probas, os/as menores de 12 anos comezarán ás 18:00h e a carreira de 5 quilómetros comezará ás 18:30h.

Back to top button