En portadaÚltima hora

Os viños da D.O. Valdeorras promociónanse en Londres

 

Londres acollía neste 3 de decembro o I Salón dos Viños e Augardentes de Galicia en Reino Unido, un showroom no que a D.O. Valdeorras estivo presente promocionando os seus produtos, co obxectivo de fortalecer a súa internacionalización.

Más de cen profesionais, xornalistas especializados, sommeliers e propietarios de vinotecas e tendas especializadas, dábanse cita hoxe no salón Saint James de 67 Pall Mall, un dos espazos específicos dedicado ao viño de máis prestixio da cidade, que abría as súas portas ás 9:30h. (10:30h. hora española), e dará por concluída a xornada ás 15:30h. hora local.

 

 

Ao evento acudían tamén autoridades, como a directora da oficina comercial de alimentación no Reino Unido do Icex, Marián Rodríguez, e o director de internacionalización do Igape, Augusto Álvarez-Borrás.

O I Salón dos Viños e Augardentes de Galicia en Reino Unido foi impulsado pola Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (Acruaga) que conta co respaldo da Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, e realízase en colaboración coa Unión Española de Catadores (UEC).

Fotos cedidas.

Back to top button