
Os concellos de Vilalba e Betanzos solicitaron en outubro a súa adhesión ao Eixo Atlántico. Na Comisión Executiva, celebrada esta mañá en Pontevedra, a secretaría xeral presentou un informe favorable tras varios meses de reunións coas dúas cidades. A proposta de adhesión deberase ratificar na Asemblea Xeral, que terá lugar o 18 de febreiro en Viana do Castelo.
Igualmente, a Comisión Executiva aprobou a proposta de programa e de orzamento para remitir na Asemblea Xeral. Este último éde 4.770.000 € en 2025, que inclúe recursos propios, así como os provenientes de programas europeos. No 2025, áproposta de programa do Eixo Atlántico incorpóranse dúas liñas novas en sintonía coas prioridades da Comisión Europea. Por un lado, traballarase no concepto de “cambio de hábitos “que desenvolve a Axenda Urbana, focalizándose en áreas clave como a enerxía, a mobilidade, a economía circulareo consumo responsable, así como a prevención do desperdicio de alimentos.
Por outro lado, continuarase a traballar naquelas actuacións que se consideran de éxito e que conseguiron unha alta participaciónsocial (deportes, educación, culturaeturismo) e aquelas outras de valor estratéxico para a administración das cidades: economía, sustentabilidade urbana e cohesión social.
A segunda liña de traballo é o proceso de internacionalización no que o Eixo Atlántico está inmerso. A experiencia acumulada en 32 anos de vida do Eixo Atlántico, e os proxectos de referencia que cimentaron o seu prestixio en Europa e fóra dela, impulsouunha estratexia de cooperacióncon países da outra beira do Atlántico, tanto lusófonos e hispanos como con Canadá, cos que actualmenteestase a traballaren programas de cooperación co Eixo Atlántico. Así mesmo, a Comisión Executiva aprobou o informe do presidente, Luís Nobre, e o das Comisións Políticas nos que se reflicte o elevado nivel de execución de programa do Eixo Atlántico.