ConcellosÚltima hora

Manzaneda, Chandrexa e Castrelo de Miño, concellos ourensáns no quinto programa Holapueblo

Tamén veñen de ser escollidos para esta quinta edición os lucenses de Ribas de Sil, Folgoso do Courel e O Incio

 

Chandrexa de Queixa “identidade da serra e da auga”, Manzaneda “terra da castaña, Ribeira da Montaña” e Castrelo de Miño “Ría do Ribeiro, Mar de Ourense” son os tres concellos ourensáns seleccionados no V programa “Holapueblo”, que xunto aos lucenses de Ribas de Sil, Folgoso do Courel e O Incio, conforman os seis concellos galegos seleccionados no quinto programa Holapueblo.

Holapueblo é a iniciativa de Redeia, AlmaNatura e IKEA para loitar contra ou despoboamento en España, permite que 70 localidades de rexións rurais poidan conectar con persoas interesadas en vivir e abrir un negocio neles.

As persoas emprendedoras interesadas poden consultar o programa e ver as opcións de asesoramento que se lles ofrecen cubrindo o formulario en liña que se insere na seguinte ligazón https://holapueblo.com/inscribete/emprendedores/ ou enviar un mail a bea@almanatura.com.

 

 

Será o programa HolaPueblo, tendo en conta as características e necesidades das persoas seleccionadas e o perfil de cada un dos concellos seleccionados, quen comunique ás persoas que querer emprender co concello ou concellos que mellor encaixen co proxecto e idea de vida dos nómadas rurais.

Na páxina web www.holapueblo.com póndese atopar fichas coas características de cada un dos concellos seleccionados e un mapa visor por localización de cada comunidade autónoma.

 

Back to top button