
A cantante de fado María do Ceo, ofrecerá un concerto de Nadal o domingo 22 de decembro na igrexa de San Salvador de Hospital (Quiroga). O concerto, no que se contará coa participación da Coral Polifónica de Quiroga, está organizado pola Unidade Pastoral Quiroga – Courel en colaboración da Confraría Virxe dos Remedios e coa Secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
A actuación gratuíta desta fadista, que xa a consideran a sucesora de Amalia Rodrigues, tanto no estilo como na interpretación, comezará a partir das cinco da tarde.
A paixón pola música desta cantante recoñecida internacionalmente, foi alimentada desde o berce na tradición do fado, transmitido polo seu pai tamén fadista. Unindo as súas múltiples influencias do sentir portugués e a dozura natural do idioma galego fan que cando canta transmita melancolía, dozura, paixón e tenrura, todos os ingredientes precisos para ser unha boa intérprete de fado.