CulturaCulturaÚltima hora

“Os Bolechas tocan nunha gran orquestra”, o 7 de decembro no Barco

 

“Os Bolechas tocan nunha gran orquestra” é unha actividade organizada pola Concellaría de Cultura do Concello do Barco, enmarcada no programa Falaredes 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Será o 7 de decembro ás 18h. no Teatro Lauro Olmo da vila.

“A actividade é un teatro de monicreques dirixida a nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias”, segundo a Concellería de Cultura do Barco.

Conta a historia de Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, que, xunto co seu can Chispa, deciden construír un escenario musical despois de atopar unha caixa chea de instrumentos musicais para ofrecer un gran concerto. A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan, aprenden os diferentes estilos musicais e compoñen as súas propias cancións.

Back to top button