Ata Castro Urdiales (Cantabria) desprazábanse nesta fin de semana os atletas do Club Adas Cupa do Barco. Competían esta mañá no Campionato de España de marcha en ruta promoción. Así, na proba de 3 km marcha Sub16 Mateo Valcarce clasificábase no posto 15, cun rexistro de 14:08; mentres que Paula Cela entraba no posto 21.
“Os resultados son positivos, estiveron nas súas marcas, e hai que ter en conta que é final de tempada, facía temporal de vento e iso tamén influíu en que non se melloraran marcas”, explica o presidente do Club Adas do Barco, Agustín González “Tinín”, que adianta que con esta proba conclúen os campionatos de España por esta tempada e que estes dous atletas teñen xa a mirada nas citas do vindeiro ano 2025.
Fotos cedidas.