CulturaCulturaÚltima hora

Sofá Malva de la Sala Rosa representará en Viana do Bolo “Arsénico por compasión” o 14 de decembro

 

“Arsénico por Compasión” é a comedia máis popular do dramaturgo Joseph Kesselring. Conta a historia de  Mortimer Brewster, famoso escritor e crítico teatral, que ve sacudida a súa apacible vida de xeito repentino polo descubrimento dunha macabra revelación familiar, A partir de entón atoparase inmerso nunha espiral de crime e segredos inconfesables.

Esta comedia representarase o 14 de decembro ás 19:00h. no escenario da Casa da Cultura de Viana do Bolo, sendo así o segundo pase desta función por parte da Asociación Sofá Malva de la Sala Rosa. Esta entidade “nace coa intención de construír un grupo de teatro amador na vila de Viana do Bolo, creando así unha actividade na que público de tódalas idades (ou na súa maioría público adulto) poida desfrutar das propostas que se elaboran dende aí e facer desta unha actividade máis para o desfrute no tempo libre”, explican dende a propia entidade.

Dende a asociación consideran “fundamental este tipo de actividades na vila, xa que o teatro coma tal considerámolo de vital importancia e poder desfrutar disto fai que creza a variedade de opcións para poder facer, por exemplo, unha fin de semana”.

Así mesmo, a través da asociación, “impartimos cursos de iniciación ao teatro da man da actriz Tania Yáñez, titulada en Interpretación Textual na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. Cursos onde non é precisa experiencia previa e aptos para toda persona que se anime a probar esta disciplina”.

Imaxes cedidas.

 

Back to top button