CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés agasalla ao público cun concerto de Nadal no Barco

Tiña lugar esta tarde no Teatro Lauro da vila e nel tamén participaba o Ensemble de Saxofóns do Conservatorio e Escola de Música da vila

 

Cantando vén de dar a benvida ao Nadal o Orfeón Valdeorrés, que dirixe José Ramón Mansilla. Esta formación coral ofrecía neste sábado 14 de decembro ás 20h. no Teatro Lauro Olmo do Barco un colorista e alegre “Concerto de Nadal”.

 

 

No seu decurso, esta formación coral despregaba un programa moi especial, no que non faltaban os clásicos villancicos. No repertorio tamén agasallaba ao público con outras pezas e, xa na parte final, subíase ao escenario o Ensemble de Saxofóns do Conservatorio e Escola de Música do Barco.

 

 

Ademais, como broche do concerto, entregábanse unha serie de pins, de ouro e prata, a modo de recoñecemento a tres membros do Orfeón Valdeorrés que levan moito tempo na entidade e tamén ao profesor do Conservatorio Manuel Prada e ao alcalde do Barco, Alfredo García.

 

 

Finalmente, actuaban de forma conxunta o Orfeón Valdeorrés e o Ensemble de Saxofóns. Deste xeito, o Orfeón Valdeorrés mantén a súa tradicional cita co público nestas datas tan especiais compartindo a súa música coa veciñanza da comarca.

Fotos: O SIL.

Back to top button