DeportesÚltima hora

Destacada actuación dos atletas triveses no provincial de cross Xogade, en Xinzo

 

Boa actuación dos atletas das Escolas Deportivas de Trives no campionato provincial de cross (Xogade), que tiña lugar o 14 de decembro no hipódromo de Antela (Xinzo) e no que competían coa camiseta do Adas Cupa do Barco.

Así o equipo infantil feminino do que formaban parte as trivesas Ainhoa Pérez, Deva Posada e Alejandra Prieto conseguía unha terceira posición na clasificación por equipos nos 2.000.

 

 

Ademais Gérard González e Adrián Pérez (alevíns) quedaban cuartos por equipos.

Marcas:
2000m. Ainhoa 10’15”. Deva 10’16”. Alejandra 10’29”.
2000m. Antón 9’30”.
1500m. Gérard 7’16”. Adrián 7’26.

 

Back to top button