
Esta tarde, ás 16:40 horas, producíase un accidente no quilómetro 11,800 da estrada OU-0526, no termo municipal de Amoeiro (Ourense), consistente na saída da vía dun turismo e posterior choque contra o muro de cerramento dunha leira.
No vehículo viaxaban tres persoas que, a pesar da aparatosidade do sinistro e os impactantes danos no vehículo, resultaron ilesos.
Ata o lugar do accidente desprazáronse de inmediato unha patrulla de motoristas do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ourense e unha ambulancia do 061 que non tivo que trasladar a ningún dos implicados.