CulturaCulturaÚltima hora

A espada de Mouruás (Río), con 3.000 anos de historia, protagonista no European Celtic Roots

Este evento no que participarán diversos expertos poderá seguirse online o

 

Coincidindo co solsticio de inverno, é dicir coa noite mais longa do ano e polo tanto o día máis curto (no hemisferio norte) ,presentarase o Proxecto “European Celtic Roots” do que forma parte o concello de San Xoán de Río.

O acto está previsto para o sábado 21 de decembro ás 10:20 da mañán e a Espada de Mouruás, unha peza de bronce con máis de 3.000 anos de antigüidade, será unha das protagonistas do mesmo, xunto cos pendentes celtas de San Martinho de Anta. No seu decurso expertos no tema falarán de Patrimonio Cultural Celta, Historia e Arqueoloxía. O evento é aberto e gratuíto e quen queira pode conectarse na seguinte ligazón:

https://unex-es.zoom.us/j/96288211516?pwd=aHFKOFQrNkRDNGxyQkg4V3BSZm95dz09

 

Back to top button