CulturaCulturaÚltima hora

“Yosso”, pintor e escritor de Valbuxán (O Bolo), nomeado Valdeorrés Ilustre polo IEV

Así o vén de anunciar o presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses, Aurelio Blanco

Xosé de Valbuxán-Yosso nunha exposición con parte da súa obra de Vilariño de Conso./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Aínda que a decisión xa se tomaba no mes de outubro, non foi ata hoxe cando o Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV), que preside Aurelio Blanco Trincado, vén de facer público a decisión desta entidade de nomear valdeorrés ilustre ao creador Xosé Porto García, coñecido como Xosé de Valbuxán, que era ademais pintor e asinaba as súas obras como Yosso.

“Se ben o acordo remóntase ao mes de outubro, quixemos deixalo para que fora como un agasallo para a familia”, indica Aurelio Blanco Trincado. “No ficheiro de socios xa viña figurando como “socio honorifico”, un título que non contemplan os Estatutos”, engade o presidente do IEV.

Yosso, nado na aldea bolesa de Valbuxán no ano 1943, falecía no Bolo o derradeiro 2019, a los 76 años de idade. “Os méritos e circunstancias especiais que concorren no homenaxeado, tanto na súa faciana como pintor, coma de escritor e poeta, son coñecidas e todos”, indica a directiva na acta na que se toma o acordo do seu nomeamento como Valdeorrés Ilustre.

Tamén se lembra nela que Yosso, como pintor, gozaba “de prestixio internacional, facendo eloxios da súa obra inletectuais e críticos da talla de Eugenio Montes, Gerardo Diego, Camón Aznar, o Marqués de Lozoya o Blanco Amor. Este último dice de “Yosso” que “foi un pintor fuera de serie, uno de los más excepcionais e innovadores o pintor máis claro e luminoso de occidente, o máis pintor de todos os pintores”. Para Gerardo Diego, a pintura e “Yosso” e “pintura pura, poesía de luz y transparencia, milagro e pinura” “.

Como poeta, “foi excepcional. Segundo Camón Aznar “unha voz das mais puras e inspiradas: Para Eu genio Montes, a sua poesía e unha das máis sorprendentes e maravillosas que haxamos tido ocasión de contemplar dende hai moito”.

Só o seu “Himno o Roble”, engade a acta do IEV, “xa consitúe por si mesmo un monumento á poesía e merecente para que o autor figurase na nómina de “Valdeorreses Ilustres” do Instituto de Estudios Valeorreses”.

Xosé de Valbuxán”, Xosé Porto, escribiu poesía e prosa, en castelán e galego, “e algúns críticos dixeron del que era tan bo pintor como poeta. Do que non cabe ningunha dúbida é de que dende sempre se sentíu galego, pensou en galego, e exerceu en galego; sendo así que ise bilingüismo non e óbice para que dito nomeamento fora tomado”.

A acta concluí indica que “dámoslle a benvida o novo Valdeorrés Ilustre. O IEV séntese orgulloso de que figure no cadro de honor e prestixia a institución”.

Back to top button