CulturaCulturaÚltima hora

O “Arsénico por compasión” de Sofá Malva de la Sala Rosa, no escenario de Viana do Bolo

 

A Casa da Cultura de Viana do Bolo acollía na tarde do 14 de decembro a obra “Arsénico por compasión” da man da Asociación Sofá Malva de la Sala Rosa. Esta era a segunda representación desta peza por parte desta entidade, que “nace coa intención de construír un grupo de teatro amador na vila de Viana do Bolo, creando así unha actividade na que público de tódalas idades (ou na súa maioría público adulto) poida desfrutar das propostas que se elaboran dende aí e facer desta unha actividade máis para o desfrute no tempo libre”, explican os membros.

“Arsénico por Compasión” é a comedia máis popular do dramaturgo Joseph Kesselring. Conta a historia de  Mortimer Brewster, famoso escritor e crítico teatral, que ve sacudida a súa apacible vida de xeito repentino polo descubrimento dunha macabra revelación familiar, A partir de entón atoparase inmerso nunha espiral de crime e segredos inconfesables.

 

 

Dende a asociación consideran “fundamental este tipo de actividades na vila, xa que o teatro coma tal considerámolo de vital importancia e poder desfrutar disto fai que creza a variedade de opcións para poder facer, por exemplo, unha fin de semana”.

Dende Sofá Malva de la Sala Rosa tamén se imparten cursos de iniciación ao teatro da man da actriz Tania Yáñez, titulada en Interpretación Textual na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. “Cursos onde non é precisa experiencia previa e aptos para toda persona que se anime a probar esta disciplina”, di a asociación.

Imaxes cedidas.

Back to top button