EconomíaEconomíaEn portadaPizarraÚltima hora

A posta en valor do turismo industrial da lousa comeza a cobrar vida en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

 

A lousa, tanto no aspecto natural da rocha como usándoa como elemento decorativo, protagoniza un novo espazo que vén de habilitar o Concello de Carballeda en Sobradelo. É unha área de aparcamento que, á vez, permite descubrir o significado desta pedra natural, a súa relevancia como motor económico de Valdeorras e un dos referentes de Galicia, e amosar os procesos da súa industria para extraela e transformala.

Trátase, en palabras da alcaldesa de Carballeda, María Carmen González, dunha “primeira molécula de turismo industrial”. Un tipo de turismo que sería totalmente pioneiro en Galicia e no que xa traballa tanto o Clúster da Pizarra de Galicia, como outras administracións, como o propio Concello de Carballeda.

 

 

Así, este primeiro espazo, no que a rocha de lousa se ilumina de xeito especial e se complementa con árbores, inclúe, así mesmo diversos paneis explicativos, acompañados de imaxes, sobre as características desta pedra natural, a súas principais propiedades (durabilidade, illamento térmico, impermeabilidade e resistencia á xeada, resistencia á flexión e versatilidade.

Tamén se amosa que pode extraerse en canteiras a ceo aberto, pero tamén en minería subterránea, e detállanse as tarefas propias do sector. En definitiva, unha introdución ao mundo da lousa, un sector que sitúa a Valdeorras no mundo.

Fotos cedidas.

 

Back to top button