
Ata dous metais conquistaba o Adas Cupa do Barco no XII Trofeo Abanca de pista cuberta, que se celebraba neste 21 de decembro na pista cuberta de Expourense. O club valdeorrés tiña clasificados nesta cita, que congregaba a uns 700 atletas galegos, un total de cinco equipos: o feminino Sub12, o masculino Sub12, o faminino Sub10 e o Sub10 masculino, así como o Sub14 masculino.
Deles dous lograban subirse ao podio. Así o equipo Sub 12 masculino colleitaba unha medalla de bronce, nunha clasificación que lideraba o Club Atletismo Narón con 39 puntos, seguido da Atlética Lucense con 37, a mesma cifra que o Adas.
Ademais o equipo Sub12 feminino do Adas facíase cun novo bronce, nunha categoría na que se impoñía o C. Atletismo Narón con 40 puntos, sendo segundo o At. Vila de Cangas (36,5 puntos) e terceiro o Adas (35 puntos).
Moi preto do podio quedaba o equipo masculino Sub14, cun cuarto posto, mentres que os equipos Sub10 masculino e Sub10 lograban unha sexta e unha quinta posición, respectivamente.
Fotos cedidas.
