DeportesÚltima hora

A atleta trivesa Ana Basalo, terceira por equipos en Sub12 feminino no XII Trofeo Abanca de pista cuberta

 

A atleta Ana Basalo, das Escolas Deportivas de Trives, lograba un terceiro posto por equipos (competí dentro do Club Adas Cupa do Barco) na categoría Sub12 feminino dentro do XII Trofeo Abanca de pista cuberta, celebrado o 21 de decembro en Expourense.

A trivesa tomaba parte na proba de lanzamento de peso 2kg , onde conseguía unha segunda posición cunha marca de 8.09m.

Fotos cedidas.

 

Back to top button