“Benvidos ao tren de Nadal do Barco Centro Comercial Aberto (CCA)”. Deste xeito Papá Noel dá a benvida aos nenos e maiores que se soben a este singular vehículo que, dende as 10:30h. deste luns 23 de decembro está a percorrer as rúas do Barco, con animación musical. É o propio Papá Noel quen conduce o tren, no que tamén se espera a presenza doutros personaxes como Mickye e Minie Mouse.
Este tren gratuíto, sae da praza Maior do Barco e funcionará, durante a mañá ata as 12:00 e de 17:00 a 18:30 h., pola tarde. Ademais, en horario de 12:00 a 13:30 e de 18:30 a 20:00 horas, estarán na casa de Papá Noel na que estará instalado un fotomatón para facerse fotos.
Mañá, 24 de decembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas volverá estar na vila Papá Noel xunto con Mickey e Minnie para a recollida das cartas de última hora. Entre todas as cartas sortearase un vale de compra por valor de 100 euros para investir nos comercios asociados.
Fotos e vídeos: O SIL.