Neste luns, véspera de Noiteboa, o centro da vila do Barco rexistraba un intenso tráfico. Especialmente concorridos estaban os tramos da avenida Conde Fenosa e da rúa Eulogio Fernández, onde a Policía Local regulaba a circulación en varios puntos para facilitar e axilizar o tránsito de vehículos e tamén o cruce dos peóns nos pasos de cebra.
Fotos: O SIL.