En portadaÚltima hora

Nevada para despedir a visita de Papá Noel do Barco CCA

 

Numerosos nenos, pero tamén maiores, aproximábanse tamén esta mañá ata a praza do Concello do Barco para saudar, conversar e tamán facerse fotos con Papá Noel, na Casiña instalada polo Centro Comercial Aberto (CCA). Ademais os que pasaban por alí atopábanse cunha sorpresa: estaba nevando.

 

 

O programa de Nadal do Barco CCA continuará nos vindeiros días con ata tres obradoiros infantís:

– Día 26 de decembro de 17:30 a 19:00 horas, taller de cociña que será impartido por Pastelería A Casiña. Nenos de 5 a 12 anos.

– Día 27 de decembro de 11:00 a 13:30 horas, taller de manualidades a cargo de Ou Mundo de Popitas. Nenos de 5 a 12 anos.

– Día 28 de decembro de 17:00 a 18:30 horas, taller centro de nadal impartido por Almacéns Pote. Nenos de 7 a 14 anos.

Para participar era necesaria inscrición previa, acompañada dun tícket de compra dun dos comercios asociados superior a 10 euros, e as prazas xa están completas.

Back to top button