ConcellosÚltima hora

A Garda Civil de Tráfico do Barco reanima a unha muller inconsciente que viaxaba nun vehículo

O vehículo era parado con ocasión dun control de alcol e drogas en Vilamartín, e o condutor advertiu da situación da muller aos axentes

Foto: Garda Civil.

 

A intervención de axentes da Garda Civil de Tráfico do Barco de Valdeorras permitía o día de Nadal a reanimación dunha muller que viaxaba nun vehículo. Así, arredor das 16:50h da tarde do 25 de decembro, unha patrulla de servizo do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Barco de Valdeorras, que realizaba un punto de verificación de alcol e drogas na estrada N-120 (Logroño-Vigo), no termo municipal de Vilamartín de Valdeorras; era alertada polo condutor dun vehículo ao que deron o alto, da indisposición da súa parella.

O condutor informaba de que a súa muller, de  38 anos de idade e nacionalidade brasileira, que ía de acompañante, atopábase moi indisposta desde o inicio da viaxe. “Tras estacionar correctamente o vehículo e entrevistarse coa muller, esta amosaba síntomas de colapso: palidez, elevada temperatura corporal, ausencia de latexado cardíaco e dificultade para respirar, chegando a perder nun momento dado o coñecemento, polo que os axentes axudáronlle a saír do vehículo e a colocaronen posición lateral de seguridade, e iniciaron manobras de reanimación ata devolverlle a consciencia, logrando estabilizala”, segundo informa a Garda Civil.

Despois esta persoa era evacuada do lugar nunha ambulancia que a trasladaba ao Hospital Público Valdeorras, no Barco, onde recibiu tratamento médico.

O vehículo foi parado con ocasión dun punto de verificación de alcol e drogas establecido no lugar, e no mesmo viaxaban ademais do condutor e a súa parella, un bebé de 2 anos, fillo de ambos; todos eles con domicilio na localidade portuguesa de Viana do Castelo.

O condutor e o bebé eran acompañados polos axentes ata o hospital, onde levaran á muller. “A rápida e exemplar actuación de os axentes foi determinante para unha resolución satisfactoria dos feitos, cumpríndose desta maneira cunha das premisas básicas da fundación do Corpo da Garda Civil, ao constituír un“prognóstico feliz para o aflixido” “, tal e como indica a Garda Civil.

Back to top button