CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A música de Stars Wars, no Barco da man da Xove Orquestra Ourensanía

 

A música protagonizaba a tardiña deste 28 de decembro no Barco. O Teatro Lauro Olmo da vila acollía a actuación da Xove Orquestra Ourensanía, a primeira orquestra sinfónica de Ourense, que ofrecía un repertorio titulado “Star Wars Symphony”.

 

 

Trátase dunha homenaxe aos coñecidos filmes de Star Wars e ao compositor de su banda sonora, John Williams. Esta orquestra, dirixida por José Luis Tiela, está formada por medio cento de xoves músicos ouresáns.

 

 

No decurso da actuación, o director da orquestra sinalaba que “como orquestra xove que somos intentamos sempre xerar sensacións a través da música e vivir experiencias”. Ademais agradecía o esforzo dos xoves membros da súa orquestra e poñía en valor a formación musical.

 

 

Así mesmo, agradecía a invitación da concelleira de Cultura do Barco para vir tocar e como agradecemento, a pianista da orquestra agasallaba á edil cunha candea elaborada por ela mesma.

 

 

Fotos e vídeo: O SIL.

Back to top button