En portadaÚltima hora

O Especial Nadal do Periódico O SIL pon o foco na gandería no rural

 

Dende o Neolítico ata a actualidade, a gandería ten constituído un referente na forma de vida no rural da Galicia interior. Na súa evolución ata hoxe e no que nestes momentos significa este sector, tanto a nivel socioeconómico como cultural, etnográfico e medioambiental poñemos o foco no monográfico de Nadal que neste 2024 publicaba o Periódico O SIL.

 

 

Ademais de reportaxes, nel tamén se poden atopar entrevistas con gandeiros, tanto de vacún como de ovino, e con expertos, así como o punto de vista  da administración galega. Este monográfico pode atoparse en librerías e quioscos dende mediados de decembro.

 

 

Back to top button