OurenseÚltima hora

Parada de Sil acolle a presentación dun libro que aborda a saúde ambiental do planeta

 

O salón de plenos do Concello de Parada de Sil acollía na tarde deste 11 de xaneiro a presentación do libro “Rumbo a la salud ambiental planetaria y a un mundo nuevo: las claves para afrontar las grandes amenazas del siglo XXI”, do que é autor o investigador Francisco Peña.

O acto contaba coa presenza do alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, e coa participación de Eleuterio Martínez Alcántara, científico e investigador, expresidente da Academia de Ciencias da República Dominicana, ademais de coa do autor.

 

 

Ao longo desta obra, Peña propón unha viaxe polos desafíos e ameazas ambientais “máis perentorios do noso tempo e convídanos a reflexionar sobre a contaminación atmosférica urbana, o cambio climático, a perda de biodiversidade, construír cidades saudables, sostibles e resilientes, a economía circular aplicable á sustentabilidade das augas e á xestión dos residuos, a imperiosa necesidade de avanzar cara a unha transición enerxética e o impulso das renovables, como minimizar o risco de pandemias, e outros problemas que ameazan o noso planeta e a nosa saúde”, segundo o Peña, que tamén achega “as claves e solucións innovadoras para construír un mundo novo, un futuro máis saudable e sostible para as vindeiras xeracións”.

Fotos cedidas.

 

Back to top button