ConcellosÚltima hora

Falece un traballador ao caerlle unha árbore enriba en Riós

 

Esta mañá un traballador perdía a vida en Riós, despois de caerlle enriba unha árbore, tal e como vén de informar o 112 Galicia, que tivo constancia do suceso uns minutos antes das 10:30 horas. Nese momento un particular contactaba “co número único de emerxencias para explicar que a un traballador lle caera unha árbore enriba. O compañeiro da vítima xa indicaba que a persoa parecía estar falecida logo do accidente”, citando ao 112 Galicia.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia avisouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto, en Rubiós, o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén se compartiu a información co GES da Gudiña, coa Garda Civil e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riós.

“Logo da chegada dos diferentes medios, estes confirmaron o falecemento do traballador, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida”, tal e como informa o 112 Galicia.

Back to top button