OurenseÚltima hora

O alcalde da Arnoia reúnese coa conselleira de Vivenda

 

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde un encontro de traballo co alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio.

Nesta xuntanza, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións de interese para este concello ourensán, de xeito especial en materia de infraestruturas e urbanismo.

María M. Allegue puxo en valor a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan ao obxectivo común de mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Back to top button