
O vindeiro 9 de febreiro impartirarse, a partir das 16:30h., un obradoiro de elaboración de “Compadres e Comadres do Intrudio” na Gudiña, en concreto, na Casa da Viúva.
“O Entroido xa se vai achegando e por aquí imos comezar cunha das actividades propias do noso concello, que é a elaboración artesá de compadres, comadres, ademais de facer o Intrudio, boneco de palla para queimar o Sábado de Entroido”, adiantan dende a Asociación Os Torgueiros, organizadora da actividade.