OurenseÚltima hora

A Policía Nacional amosa como previr ser vítima de ciberestafas, nas que se suplanta a identidade de entidades bancarias

 

Desde a xefatura Superior de Policía de Galicia, detectáronse nas últimas semanas considerables “campañas” activas de phising. Isto repercutiu nun incremento das denuncias efectuadas en dependencias policiais de vítimas que manifestan ser vítimas deste tipo de ciberestafas.

Por iso, quérese insistir na importancia da prevención neste tipo de delitos, de que a que cidadanía coñeza o “modus operandi” utilizado e as medidas que debe tomar para evitar ser vítimas deles.

Metodoloxía delituosa do “phising”

O “phishing” é un tipo de estafa que consegue que as vítimas voluntariamente faciliten datos bancarios e persoais aos estafadores, cometida mediante o uso combinado de chamadas, mensaxes, páxinas e ligazóns fraudulentos.

Os delincuentes comezan a estafa con algún mensaxe “sms” ou algunha chamada telefónica, na que se fan pasar por un empregado do seu banco, e no que comunican un fallo de seguridade no acceso ás súas contas.

Seguidamente, e para solucionar o suposto problema, instarán á vítima a que lles achegue diferentes datos e claves que lle darán acceso aos estafadores á banca en liña da vítima, e posteriormente solicitaranlle que lles facilite diferentes claves que recibirá no seu terminal coas que, a vítima sen sabelo, estará a autorizar movementos de efectivo das súas contas ás dos estafadores.

 

 

Para iso, utilizarán diferentes técnicas, que lle farán crer á vítima que a chamada é lexítima, como conseguir que o número que apareza na pantalla do móbil sexa o do seu banco, ou coñecer datos como o seu nome e apelidos.

Evitar ser vítima de “phising”

Desde a Policía Nacional quérese facer fincapé en que a principal loita contra este tipo de delitos empeza pola prevención por parte do cidadán. Por iso, debe ter en conta:

-O seu banco nunca contactará con vostede para que solucione un problema de seguridade, nin lle pedirá claves por teléfono. En caso de existir os devanditos problemas, o banco solucionaríao para posteriormente comunicarllo.

-Non achegue datos por internet ou chamadas, nin clique en ligazóns que lle chegaran por sms ou redes sociais.

-En caso de ser informado de calquera incidencias nas súas contas por teléfono, ou #ante calquera mínima dúbida, colgue inmediatamente e chame vostede á súa entidade bancaria ou comproba a veracidade da chamada mediante a súa banca en liña.

Back to top button