CulturaCulturaÚltima hora

Unha escultura do valdeorrés Pedro Dobao para homenaxear ao escritor Domingo Villar

Situada na praza de Compostela de Vigo, descubríase esta mañá nun acto celebrado promovido polo Concello

 

Representa ao escritor sentado nun banco da Praza de Compostela de Vigo. O valdeorrés Pedro Dobao inmortaliza dese xeito ao autor de novela negra Domingo Villar nunha escultura que se descubría esta mañá nun organizado polo Concello nese lugar da cidade.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recalcaba que Domingo Villar foi “a crónica dun éxito excepcional”. A familia do autor, a primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva e o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, participaron na descuberta da figura este mércores, xunto ao escultor Pedro Dobao

Caballero lembrou a transcendencia da Alameda de Vigo na existencia e historia persoal de Villar. “Vivir nesta alameda é vivir no mar, porque isto era o mar e é un privilexio que Domingo coñecía e gozaba”. O alcalde retratou ao literato como “unha persoa marabillosa, amigo dos seus amigos, cunha alma inmensa, e moi xeneroso polo apoio prestado a quen, coma el, querían ser escritores, como Pedro Feijóo”.

 

Pedro Dobao, natural de Arnado (Vilamartín de Valdeorras), recibía tamén a felicitación do rexedor pola obra que inmortaliza a presenza de Domingo Villar en Vigo. “Domingo para sempre permanecerá como unha parte da historia da cidade”, sinalou Caballero, asegurando que a inauguración do monumento “é un gran momento porque Villar está aquí para sempre, na súa cidade”.

A familia do escritor agradeceu ao Concello a escultura que fai posible que Domingo Villar permaneza para sempre na memoria e recordo da cidadanía viguesa de presentes e futuras xeracións.

Back to top button