CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A televisión valenciana interésase polo fulión de Manzaneda

Visitaba este municipio para coñecer o seu Entroido e tomar imaxes dunha das saídas do seu fulión pola vila

 

O Entroido quenta motores en Manzaneda. Bombos, cornas e aixadas soaban ao escurecer de onte venres no casco antigo da vila medieval de Manzaneda, acompañados pola danza das Mázcaras.

Membros, principalmente, do fulión da parroquia de San Martiño  facía unha saída especial con motivo da visita de representantes da televisión pública valenciana, Á punt, que se documentaban para un programa e tomaban imaxes desta tradición propia do Entroido de Manzaneda.

 

 

Fotos e vídeos O SIL.

 

Back to top button