CulturaCulturaÚltima hora

O investigador vianés Pedro Basalo falará sobre o Entrudio en Padua (Italia)

Será no Centro de Estudos Galegos desta cidade, onde tamén pode verse unha exposición fotográfica sobre o Entroido galego

 

O Entroido terá unha presenza de seu neste mes de febreiro no Centro de Estudos Galegos de Padua (Italia). Así o vindeiro luns 10 de febreiro ás 15h. o investigador vianés Pedro Basalo impartirá unha conferencia na que porá o foco no Entrudio vianés, titulada “Qualcosa di più di un carnevale: dall’Italia alla Galizia (da Venezia a Viana do Bolo)” (‘Algo máis ca un carnaval: de Italia a Galicia’ (de Venecia a Viana do Bolo).

“O relatorio presentará a tradición do Entrudio a un público italiano a través dos principais ritos e máscaras e tamén establecerá, en determinados momentos, comparacións entre esta festa e manifestacións tradicionais similares en Italia”, adianta Basalo.

 

O investigador vianés Pedro Basalo./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Ademais tamén pode visitarse nestes días unha exposición de Roberto de la Torre sobre o Entroido, con 50 fotos relacionadas coas máscaras do Entroido galego e hai unha presenza notable da zona do Entroido de Viana, Vilariño, Manzaneda.

 

 

 

Back to top button