OurenseÚltima hora

Detido un veciño de Verín ao ser sorprendido manipulando 240 m de cable telefónico

 

A Garda Civil de Vilar de Barrio detiña a un veciño de Verín de 40 anos de idade como presunto autor dun delito de furto, tras ser sorprendido pola Garda Civil cando estaba a manipular 240 metros de cable telefonico que cortara entre Porto e Vilar de Barrio.

A Garda Civil recuperaba o cable e varias ferramentas utilizadas para a manipulación do cable. O caso está no Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia.

Back to top button