PolíticaÚltima hora

O BNG pedirá no Parlamento galego que o Sergas cree en Valdeorras unha unidade especializada na silicose

O grupo municipal nacionalista presentará unha proposición non de lei sobre este tema na Cámara galega

Un dos momentos da rolda de prensa do BNG.

 

O grupo parlamentario do BNG vén de presentar á Mesa do Parlamento galego unha proposición non de lei para o seu debate en pleno sobre a creación dunha unidade especializada na diagnose e tratamento da silicose en Valdeorras.

Así o daban a coñecer dende o BNG de Valdeorras nunha rolda de prensa esta mañá, na que participaban o deputado galego Secundino Fernández (asinante da iniciativa xunto a Ramón Fernández Alfonzo, Brais Ruanova Vilas-Boaseda e Montserrat Prado Cores), xunto ao responsable comarcal da formación, Roberto Quiroga; o concelleiro do BNG no Barco Manuel Agra e a alcaldesa da Rúa, María G. Albert.

O texto da proposición pide que se inste á Xunta de Galicia a “poñer en marcha dun xeito inmediato unha campaña de control das condicións de traballo e de cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais no sector da industria da pedra e do mármore: explotacións mineiras de diferentes tipos de pedra (lousa, granito, etc); e empresas de tratamento e fabricación”, así como a “constituír no SERGAS unha unidade especializada na diagnose e tratamento desta enfermidade, localizada na área sanitaria de Valdeorras, e que sirva de centro de referencia para toda Galiza”.

Back to top button