
Ata tres metais conquistaban os atletas do Club Adas Cupa do Barco no XXXVI Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta, que se desenvolvía neste 9 de febreiro na Pobra do Caramiñal. Dúas delas eran dos ouros. Así Mateo Valcarce impoñíase na proba de 5 km marcha na categoría Sub16 cun rexistro de 23:56, cunha notable vantaxe sobre o segundo clasfisicado.

O outro ouro viña da man da súa compañeira de club, a tamén barquense Paula Cela, que tamén se facía co título galego nos 5 km marcha Sub16.

Ademais, destacaba a medalla de bronce de Antía Guntiñas nos 2 km Sub12, así como o quinto posto de Dylan Castillo en Sub12 nos 2 km marcha.
Fotos cedidas.
