En portadaEntroido 2025Última hora

O investigador Pedro Basalo leva a tradición do Entrudio vianés a Padua (Italia)

 

“Qualcosa di più di un carnevale: dall’Italia alla Galizia (da Venezia a Viana do Bolo)” (‘Algo máis ca un carnaval: de Italia a Galicia’ (de Venecia a Viana do Bolo) era o título da conferencia que o investigador vianés Pedro Basalo impartía o na tarde do luns 10 de febreiro no Centro de Estudos Galegos de Padua (Italia).

No relatorio achegaba a tradición do Entrudio vianés a un público italiano a través dos principais ritos e máscaras. Ademais, en determinados momentos, establecía comparacións entre esta festa e manifestacións tradicionais similares en Italia.

Así Basalo explicaba as diferenzas entre o carnaval urbano e o carnaval rural (Entroido), pondo exemplos de toda Italia e Galicia. Ademais amosaba “de xeito panorámico” máscaras de toda Galicia, Italia e mascaradas do conxunto da península ibérica.

Tamén abordaba “os diferentes ritos e personaxes do Entrudio en Viana: datas, ciclo festivo, lardeiros, fariña, fulión, boteiros, comparsas”, para, finalmente, contar “unha anécdota persoal sobre o “Harrasehare mamujadinu” (o carnaval de Mamoiada) e os seus personaxes, que pon de manifesto a grande semellanza entre todos os entroidos e mascaradas rurais en Europa. E tamén o importante que é aprender unhes dos outros”, sinala Pedro Basalo.

Fotos cedidas.

Back to top button