
A Asociación Provincial de Autoescolas de Ourense, no seu compromiso coa formación en seguridade viaria, organizou unha visita formativa para o alumnado do CIFP Portovello, do ciclo de Formación Profesional en Movilidad Segura e Sostible.
Durante a xornada, os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man dúas entidades crave no ámbito da seguridade viaria e a regulación do tráfico, acompañados pola Subjefa Provincial de Tráfico, Andrea Conde Guerra, o Capitán Xefe do Subsector de Tráfico da Garda Civil, Javier Barja Álvarez, e o Presidente da Asociación Provincial de Autoescolas de Ourense, Luis Novoa.
A primeira parada foi no Centro de Recoñecemento de Condutores “Xoán XXIII”, onde observaron o procedemento para a obtención e renovación do certificado médico de aptitude psicofísica, requisito indispensable para a obtención do permiso de condución. Posteriormente, o grupo trasladouse á Comandancia da Garda Civil en Ourense, onde visitaron as instalacións do subsector de Tráfico.
Durante a xornada, coñeceron de preto as áreas funcionais do Subsector e prestaron especial atención ao traballo do persoal e aos medios materiais que garanten a seguridade nas estradas. Con esta iniciativa, a Asociación Provincial de Autoescolas de Ourense achegou ao alumnado ao funcionamento dos organismos implicados na seguridade viaria, reforzando a súa formación teórica con experiencias prácticas que lles permitiron comprender a importancia do seu futuro labor no sector da mobilidade.