OurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense en colaboración coa Policía Nacional deteñen a unha persoa como autor dun roubo con violencia e intimidación a un taxista

O detido practicou a técnica do “mataleón” para facerse coa recadación do taxista

 

Nesta madrugada, axentes da Policía Local de Ourense, en colaboración coa Policía Nacional, procedían á detención dun individuo, como autor dun delito de roubo con violencia perpetrado a un taxista da cidade.

O feito tivo lugar ás 3 da madrugada. O taxista recolle ao detido nunha céntrica rúa de Ourense, indicándolle este que lle leve ata o barrio de Covadonga. “Ao chegar ao lugar solicitado, e no momento en que tiña que facer o pago do servizo, o agora detido, de maneira repentina e imprevista, agarra á vítima violentamente cos brazos por detrás, á altura do pescozo, intimidándoo con algún tipo de obxecto punzante e demandándolle a entrega de todo o diñeiro”, segundo informa a Policía Nacional.

Tras a fuxida do agresor e tras realizar a vítima chamada ao número de emerxencias, eran comisionadas ao lugar varias patrullas de Policía Nacional e Policía Local. Iníciase entón, de forma coordinada, un dispositivo de procura do autor na zona, dando como resultado, a localización do agresor nun portal dos arredores, procedendo á súa detención. Unha vez practicadas todas as dilixencias para o total esclarecemento dos feitos, o detido foi posto ao dispor xudicial, decretando o seu ingreso en prisión.

A coordinación e a rápida actuación levadas a cabo para establecemento do dispositivo policial que posibilitaba a detención do autor do roubo, son froito das reunións de coordinación, que de forma periódica, mantéñense entre os responsables de ambos os corpos policiais.

Back to top button