CulturaCulturaEntroido 2025Última hora

A tradición do “Entrudio” de Viana do Bolo achégase a Madrid

O investigador vianés Pedro Basalo ofrecía unha conferencia sobre esta tradición no Centro Galego da capital

 

Os elementos, singularidades e principais manifestacións do Entrudio de Viana do Bolo abordábanse nunha conferencia que o investigador vianés Pedro Basalo Bembibre (Centro de Estudos Galegos de Padua) impartía na pasada fin de semana no Centro Galego de Madrid, a través da Agrupación Artística Gallega Rosalía de Castro.

 

 

O título da conferencia era “O Entrudo de Viana do Bolo: o visible e o invisible” e  tiña lugar no mediodía do 15 de febreiro. Ademais, contábase coa presenza dun Boteiro, que tamén saía ás rúas madrileñas en compaña de integrantes da Agrupación Artística Gallega Rosalía de Castro.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button