
A plataforma “Queremos Galego” promoverá o vindeiro 23 de febreiro unha manifestación en Saniago de Compostela baixo o lema “Lingua vital xa!”. A escolla da data non é casual, trátase do Día de Rosalía e esta plataforma de defensa do galego chama “a transformar a emerxencia lingüística en forza reparadora”. A marcha sairá ás 12 horas, da Alameda e rematará na Praza do Obradoiro.
O Concello do Barco organiza viaxe gratuito para acudir a esta manifestación e matiza que as prazas son limitadas, un total de 55.