
O Concello de Trives vén de emitir unha nota de prensa para sinalar que “deu traslado á Consellería de Educación da súa total disposición a colaborar e poñer todos os medios dos que dispón para o correcto desenvolvemento das obras de substitución da cuberta no CEIP Manuel Bermúdez Couso, co obxectivo, tamén, de reducir ao máximo as molestias que poidera ocasionar”.
Dende o goberno local din que se poñen “a disposición todos os recursos e medios locais necesarios para garantir que os traballos transcorran do mellor xeito posible, tan e como lle ven de comunicar ao departamento autonómico”. Así mesmo, “o Concello comprométese a facilitar unha coordinación efectiva coa Xunta de Galicia, asegurando unha planificación conxunta” que minimice posibles afectacións ás actividades escolares e á comunidade educativa.
O Concello reafirma o seu compromiso co benestar da comunidade educativa e coa mellora continua das infraestruturas públicas.