Co escurecer, comezaba o ritual. A veciñanza de Pentes (A Gudiña) baixaba o Entrudio, que estaba colocado nun punto céntrico da aldea, montábao nun burro e iniciaba unha ronda tradicional no Martes de Entroido.
Tras el, ían os veciños con cestos, recollendo os aguinaldos, entre eles ovos e embutidos, cos que logo compartían unha cea colectiva na Casa do Pobo. De preparala encargábanse as mulleres. Despois, tiña lugar a queima do boneco de palla que representa a festa. E así despedían este tempo de Entroido.
Fotos: A.R.