CulturaCulturaÚltima hora

A banda Sr. Salvaje actuará o 15 de marzo no Café Teatro Bajo 5 do Barco

 

No marco da súa xira “Vuela Tour”, para presentar o seu novo disco, a banda Sr. Salvaje fará unha parada no Barco. Actuará o vindeiro 15 de marzo ás 23:30h. no Café Teatro Bajo 5, situado na praza do Sagrado da vila. O grupo está formado por Guillermo Vistoso (voz e guitarras), Antón Torroncho (baixo), Emilio Iniesta (batería) e Manuel Gómez (teclados).

Considerados como unha das bandas revelación do panorama rock and roll santiagués dos últimos, agora chegan cun novo traballo (con Iago Picoa na produción musical e Arturo Vaquero como enxeñeiro de gravación, mestura e mastering) no que camiñan cara un son máis complexo, explorando matices clásicos do rock nacional, tamén con toques de soul e mesmo incorporando elementos do country, texmex e rock sureño.

A entrada ao concerto será inversa (pode acceder todo o público e despois do concerto, o que queira colaborar economicamente co que poida ou considere necesario, será para a banda).

Back to top button