PolíticaÚltima hora

O PPdeG ponse como reto para as próximas eleccións municipais incorporar a máis mulleres como candidatas

Hoxe, no Foro de Alcaldesas do partido celebrado en Boimorto con motivo do Día Internacional da Muller e que contou coa alcaldesa María Jesús Novo como anfitrioa

 

O Partido Popular de Galicia ponse como reto para as próximas eleccións municipais de 2027 que haxa máis alcaldesas do partido e para iso comprométese a traballar estes dous anos na incorporación de máis mulleres como cabezas de lista nas candidaturas municipais.

Así o manifestou esta mañá a secretaria xeral do partido, Paula Prado, na reunión do Foro de Alcaldesas celebrado en Boimorto para conmemorar o Día Internacional da Muller e celebrar que o PPdeG é “o partido das mulleres que gobernan”. Algo que acredita o feito de ser a formación con máis alcaldesas de Galicia (29), con máis concelleiras (un total de 700), con máis deputadas no Parlamento galego e con máis representantes no Congreso e no Senado.

“Somos o partido das mulleres e, grazas a iso, en Galicia somos o partido máis apoiado polas mulleres eleccións tras eleccións”, asegurou a número dous do PPdeG poñendo en valor a identificación das mulleres galegos co seu partido e coas medidas que pon en marcha alá onde goberna, xa sexa na Xunta ou nos concellos.

Paula Prado destacou que as 29 alcaldesas do seu partido “trazan un feminismo real e un mellor camiño para as súas veciñas e veciñas” e “non son só unha referencia para as mulleres, senón para toda Galicia”. Neste sentido puxo en valor que o 90% das alcaldesas do PPdeG gobernan con maioría absoluto e cunha porcentaxe media de apoio nos seus concellos do 60% e, en varios casos, superior ao 70%.

Entre as asistentes ao congreso estaban as alcaldesas de Vilariño de Conso, Melisa Macía, e de Larouco, Patricia Lamela, entre outras da provincia de Ourense.

Fotos cedidas.

Back to top button