OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén “in fraganti” a 2 persoas polo intento de roubo con forza nun edificio en reformas en Ourense

 

Axentes da Policía Nacional detiñan “in fraganti” o 10 de marzo a dous individuos por unha tentativa de roubo con forza nunha edificación situada no barrio de Santa Teresita, que se atopaba en reformas.

O feito que orixina a detención tivo lugar sobre a 1 da madrugada, cando un cidadán oía “uns fortes golpes nun edificio contiguo á súa vivenda, o cal se atopa en reformas. Os golpes eran inusuais pola hora e o lugar en que se estaban producindo, polo que a través do a Sala CIMACC 091 recíbese alerta dun posible roubo con forza no lugar”, tal e como informa a Policía Nacional.

Inmediatamente, unha patrulla policial desprazábase ata o lugar dos feitos e comprobaba que a porta do devandito edificio estaba forzada. “Unha vez no interior inician unha requisa do edificio podendo comprobar como unha das portas que dá acceso a unha estancia fora tamén violentada. Continuando coa inspección do lugar localízase a un home e unha muller escondidos nunha das dependencias da edificación. Ambos son detidos e posteriormente postos ao dispor xudicial”, segundo a Policía Nacional.

Back to top button