CulturaCulturaÚltima hora

O valdeorrés Luis Manuel Gurriarán presenta o seu novo libro “Del Gran Hotel de Francia al Hotel España”, na Coruña

O acto terá lugar o vindeiro luns 17 de marzo Sporting Club Casino da cidade herculina ás 20h.

O escritor valdeorrés Luis Manuel Gurriarán./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende figuras como o rei Alfonso XIII, ata artistas e escritores e xentes comúns. Ao longo dos seus 120 anos foron moitas as persoas que se teñen aloxado no Gran Hotel de Francia e no Hotel de España, un herdeiro do outro, na cidade da Coruña, nunha etapa comprendida entre finais do século XIX e primeiros do século XXI. Moita xente e, con ela, moitas historias ligadas estes establecementos de hospedaxe.

Nelas afonda o escritor Luis Manuel Gurriarán, natural do Barco, no seu novo libro “Del Gran Hotel de Francia al Hotel España” (Publicaciones Arenas, 2025). A obra presentarse o vindeiro luns 17 de marzo ás 20h. no salón de actos do Sporting Club Casino da Coruña (rúa Real, número 83).

 

 

 

Neste acto, o autor estará acompañado por Fernanda Tabarés (xornalista e directora de Voz Audiovisual) e por Carlo Rodríguez Carro (profesor da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña).

Este volume supón un novo paso na andaina literaria que este valdeorrés iniciaba con La Ruta de Las Estrellas, un libro histórico ambientado nos séculos anteriores á Idade Media. Logo publicaba a novela ¿Lidia o Victoria? (Punto Rojo Libros, 2021) que narra a historia dunha muller vítima de malos tratos.

Back to top button