
A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, no marco da operación “Palmaris OU”, detivo a un veciño de El Secano (Murcia), como presunto autor de 6 delitos de roubo con forza, ocorridos o 31 de decembro de 2024 en primeiras vivendas sitas en Verín.
O detido pertence a un grupo criminal dedicado ao roubo en vivendas,que se trasladó ata a localidade de Verín, onde tras fixar as vivendas obxectivos do roubo, e observar a rutina dos moradores, organizaron o roubo, e tras forzar portas e xanelas, accederon ao interior e apoderáronse dun total de 5000 € en efectivo, de xoias (pendentes de valoración) e varios aveños.
Durante o desenvolvemento da operaciónen, na que colabora a Comandancia de a Garda Civil de Murcia, a Garda Civil practica un rexistro na vivenda do detido, onde se incauta de xoias e unha vídeo consola que puidesen estar relacionadas cos feitos obxecto de investigación.
A operación está dirixida polo Xulgado de Instrución 1 de Verín e a Fiscalía Provincial de Ourense. O detido, tras ser posto ao dispor xudicial, ingresou en prisión.
Imaxes: Garda Civil.